Quen son

Unha xornalista nun universo
de dragóns


Elena Gallego Abad é autora da serie de novelas Dragal, a policial Sete Caveiras e varios títulos de narrativa para adultos

Elena Gallego Abad é unha escritora e xornalista galega, cunha longa traxectoria profesional en medios de prensa e radio de Galicia. Actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) pola súa Demarcación de Pontevedra.


Como narradora, Gallego Abad dáse a coñecer coa saga fantástica DRAGAL, editada por XERAIS.

A serie iníciase con DRAGAL I. A herdanza do dragón (2010), finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012, á que seguen outras catro novelas:
DRAGAL II. A metamorfose do dragón (2011)

DRAGAL III. A fraternidade do dragón (2012)

DRAGAL IV. A estirpe do dragón (2015)

DRAGAL V. O segredo do dragón (2019).

Varios libros desta serie son publicados en inglés, castelán e catalán.


En 2014 publica a novela policial SETE CAVEIRAS (Xerais), que no 2022 acada a 9ª edición. Coa súa obra de narrativa O XOGO DE BABEL (Xerais 2017), explora outro xénero da literatura para adultos.

Ademais de escribir estes libros, a autora participa en diversos volumes colectivos de narrativa galega.


Integrante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega ( AELG ) e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), Elena Gallego Abad obtén en 2017 o II Premio de Relato Curto O Cabaleiro das Cunchas da Vila de Bouzas (Vigo) coa obra A PROMESA. ​


O seu proxecto de guión para serie de televisión CRÓNICAS DE TRASTAMAR resulta seleccionado na primeira edición das #TitoríasAGAG para mulleres guionistas, convocado en 2020 pola Asociación Galega de Guionistas co apoio da Fundación SGAE.


Promotora e participante nas catro edicións do Proxecto DRAGAL, desenvolvido pola SXPL en centros de ensino público de Galicia (2013-2017), Elena Gallego Abad mantén múltiples encontros con lectores e realiza actividades de animación á lectura en centros de ensino de Galicia, Madrid, Andalucía, Cataluña, Bos Aires (Arxentina), Guadalajara (México) ou Chaves (Portugal).


Nos últimos anos a autora tamén imparte os obradoiros de creación literaria Imos contar Mentiras (CEIP Curtis 2016) e Pontevedra Ficción (AELG-Dep Pontevedra 2017).


A escritora asiste, como autora convidada, a distintos certames literarios nacionais e internacionais.

Entre eles están a Feria Internacional del Libro de Guadalajara FIL 2013 (México), o Encontro Internacional de Escritoras XI EIDE 2014 en Brasilia (Brasil), distintas edicións da Feria Internacional del Libro de Madrid, Ponte Escrita Chaves 2016 (Portugal) e a Feria Internacional del Libro de Buenos Aires FILBA 2016 (Arxentina).


Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo (Deputación de Ourense 1998) no apartado de Medios Audiovisuais, pola produción e realización do programa A Fiestra de Onda Cero Ourense, Elena Gallego Abad ten a honra de ser pregoeira das Festas do Carme de Marín 2015 e da Feira do Libro de Verín 2018.

Paixón por comunicar

Elena Gallego Abad conta cunha ampla experiencia profesional como xornalista. Membro do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), dende 1987 a 1999 desempeñou as labores de locutora e redactora nas emisoras de Radio Ourense (Cadena Ser), Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio e Onda Cero Ourense (Uniprex).

No período 1994-1996 colaborou como redactora e fotógrafo en distintas delegacións de La Voz de Galicia e La Región.



En 1998 recibiu o Premio "Xosé Aurelio Carracedo" de Xornalismo (Deputación Provincial de Ourense) no seu apartado de "Medios Audiovisuales", pola produción e realización do programa "A Fiestra", emitido en Onda Cero Ourense.



Dende 1999 a 2013 formou parte do cadro de redactores de Faro de Vigo, como xornalista nas súas delegaciones de Ourense, Pontevedra e Cangas do Morrazo.



Aínda que nos últimos anos se centrou na súa produción literaria, tamén colabora con diversos medios de comunicación nos que publica artígos de opinión e reportaxes (Diario de Pontevedra, revista Luzes, diario Público...). Participa en faladoiros, imparte conferencias ou colabora en eventos como as tres edicións do Networking "Coñocerse para comprenderse" organizadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Fundación Barrié.



Na actualidadé é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra.

Podcast
Share by: