Podcast

PODCAST

Vinte anos non é nada


-Que queres ser de maior?

Desde moi cativa eu o tiven ben claro.

-Eu quero ser escritora. E ser xornalista. E falar pola radio. E viaxar polo mundo. E...

Os soños son de quen os persiguen.

Eu quería ser unha daquelas voces que miña nai escoitaba cada noite no pequeno transistor do seu cuarto. Eu quería ser a locutora que presentaba os discos que me facían bailar na cociña, mentres axudaba á miña nai a mondas as patacas ou fregaba a louza. Eu quería...

Din os sabios do lugar que para que os soños se convirtan en realidade, hai que perseguilos. E cando os acadas, amarralos forte para que non esvanezan.

Houbo un tempo no que soñei con facer radio, e así conseguín que a miña voz sucase as ondas.

Hoxe, cando xa hai máis de vinte anos da miña última emisión, case me parece un soño.


Os meus tempos na radio

Radiofórmula analóxica 

Discos de vinilo, cintas de Revox, teléfono analóxico...

Así facíamos radio, para toda Galicia, dende o estudio de Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), alá polo ano 1989. En galego.


Os meus tempos na radio

Creatividade nas ondas

Entrevistas, reportaxes... E se hai que cantar, cántase!
Como mostra, este botón: Jingle promocional gravado por Elena Gallego Abad para a emisora de Cope Verín (1995?)


Os meus tempos na radio

Un duende no estudio

Houbo un tempo no que os trasnos tiñan o seu propio espazo nos programas  de radio. Velaquí un ser moi especial, que durante un tempo participou de xeito habitual no espazo O Clube das Nove emitido en Onda Cero Ourense (presentado por Marta Rodríguez e a propia Elena Gallego Abad).
Guión, voz e montaxe a cargo de Elena Gallego Abad, aos mandos do control central.


Os meus tempos na radio

Premio Carracedo

Programa A Fiestra, emitido en Onda Cero Ourense o 8 de setembro de 1997. Galardoado co premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo 1998 (Deputación de Ourense)

Share by: